Skip to main content
Característica destacada

Verificación en Mastodon

Calquera pode verificar a súa conta en Mastodon. Baseado en estándares abertos e gratis, para sempre.

Con privacidade

Non precisas enviar documentos a ningures, polo que non hai risco de que se filtren públicamente.

Para calquera persoa

Non tes que ser unha celebridade para verificar a túa identidade. Só precisas un sitio web ou unha páxina web.

Descentralizado

Non precisamos confiar nunha autoridade central. A verificación pode confirmarse manualmente cando queiras.

Non hai insignia azul

A Identidade non é unha pregunta de si ou non. Hai moi poucos nomes únicos no mundo, por que só a xente famosa obtén un "si"? En Mastodon non nos fixamos en nomes legais e insignias azúis. O que facemos é comprobar que as persoas se identifiquen cos seus sitios web oficiais.

Podes facelo así

Pon unha ligazón ao teu perfil Mastodon na túa páxina ou sitio web. A parte importante é que a ligazón inclúa un atributo rel="me". Unha vez feito vas ao teu perfil en Mastodon e engades o enderezo da páxina ou sitio web nun dos catro campos no perfil. Garda o perfil e xa estaría feito!