Verificación en Mastodon
Calquera pode verificar a súa conta en Mastodon. Baseado en estándares abertos e gratis, para sempre.
Con privacidade
Non precisas enviar documentos a ningures, polo que non hai risco de que se filtren públicamente.
Para calquera persoa
Non tes que ser unha celebridade para verificar a túa identidade. Só precisas un sitio web ou unha páxina web.
Descentralizado
Non precisamos confiar nunha autoridade central. A verificación pode confirmarse manualmente cando queiras.
Non hai insignia azul
A Identidade non é unha pregunta de si ou non. Hai moi poucos nomes únicos no mundo, por que só a xente famosa obtén un "si"? En Mastodon non nos fixamos en nomes legais e insignias azúis. O que facemos é comprobar que as persoas se identifiquen cos seus sitios web oficiais.
Podes facelo así
Pon unha ligazón ao teu perfil Mastodon na túa páxina ou sitio web. A parte importante é que a ligazón inclúa un atributo rel="me"
. Unha vez feito vas ao teu perfil en Mastodon e engades o enderezo da páxina ou sitio web nun dos catro campos no perfil. Garda o perfil e xa estaría feito!